domingo, 19 de abril de 2020

Día do libro: #retoportadadelibros


Protagoniza a portada do conto!

Xa queda pouco para conmemorar o Día do Libro 
que será o vindeiro xoves 23 de abril.

Por iso, dende o Equipo de Biblioteca do cole, 
querémosvos propoñer o
#retoportadadelibros.



En que consiste? 

Simplemente tes que escoller un conto/ libro/ álbum ilustrado que che guste, fixarte na portada e intentar recreala...

Para isto...podes disfrazarte, buscar todo tipo de accesorios ( gafas, variñas máxicas, manteis, cadeiras, peluches, bonecas...) 
e incluso pode participar toda a túa familia!!



Cando a teñades preparada, sacade unha foto e mandala ao correo electrónico:

bibliocarril@gmail.com


Animámosvos a tod@s a participar!!


P.D.: E si por si algún de vós...aínda non ten moi claro como vai...velaquí vos deixo un enlace no que poderedes inspirarvos.

Preme no seguinte enlace: reto portada de libros



lunes, 13 de abril de 2020

Recomendacions: Rede Lectura


Bo día lectoriños e lectoriñas,

Ás veces non sabemos moi ben que ler durante estes días, 

chegan a nós un millón de recomendacións lectoras e non se sabe 

moi ben que escoller...

É por iso que, hoxe, gustaríanos compartir con vós 

un espazo onde nos recomendan distintos tipos de lectura 
adaptadas a cada idade.

Esta semana, propóñennos unha chea de contos 
e libros adicados á cociña...

Preme no seguinte enlace e descubre todo un mundo de posibilidades lectoras.






E ti, atréveste a facer algunha 
das receitas
 que che propoñen?

Anímate e mándanos unha foto a:

bibliocarril@gmail.com

miércoles, 8 de abril de 2020

Nova contada: Rata linda de Compostela por Merchi Pimentel




Queredes escoitar, ver, sentir....
unha cousa fermosa, fermosísima??


Pois premede no enlace que vos levará a unha nova contada
por parte da nosa amiga e gran contacontos,
Merchi Pimentel.

Nesta ocasión, cóntanos a historia de 

"Rata linda de Compostela"

** Escrita por Bernardino Graña
** Ilustrado por Manolo Uhía
**e  coa música do Cuarteto Caramuxo e Deolinda.


Non volo podedes perder!!





E si tamén tes madeira de contacontos...

Non o dubides e envíanos a:

bibliocarril@gmail.com

a túa achega!!



sábado, 4 de abril de 2020

Clube de lectura "Os lóstregos"



Dende o clube de lectura do cole “Os lóstregos”,
 a mestra Regi nos achega unha interesantísima actividade.


O libro que estabamos a ler e xa a piques de rematar
(espero o teñades rematado)
 “Cuentos para jugar" de Gianni Rodari, 
conta pequenas historias con tres finais diferentes 
e ao analizalas sempre podiamos relacionalas 
con algunha situación social 
de plena actualidade 
por moi rara que fose a aventura.




Velaquí vai a actividade!!!!!

Actividade aberta a todo o alumnado!
( no só os do club de lectura ;) )

Anímate!!


Que vos parece se sodes autores e non só lectores?

Sigue os pasos que aparecen aquí debaixo
 e verás como che saen historias moi divertidas!!






Cando xa o teñades rematado, enviádelo ao correo da biblio:

bibliocarril@gmail.com

Para que todos e todas poidamos ler 
as historias que nos tendes que contar!

 Poñede a vosa imaxinación a voar!









jueves, 2 de abril de 2020

Día do Libro Infantil e Xuvenil - 2 abril




DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL
2 ABRIL 2020

Como en anos anteriores (aínda que este sexa diferente) o 
IBBY (International board on books for young people) chama á conmemoración do Día do Libro Infantil o 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen, que escribiu contos que moitos/as coñecedes: El patito feoLa sirenitaEl soldadito de plomoEl sastrecillo valiente, La reina de las nieves, La vendedora de fósforos... 



O obxectivo é promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. 


   
Aínda que a situación é excepcional
non quixemos perder a oportunidade 
de propoñervos distintas opcións para 
pasar este tempo na cada
 coa axuda da lectura.

Premede sobre cada un dos distintos enlaces!

Baía_Edicións_Logo
Campaña "Con vós na casa": Descarga de lecturas para tódalas idades

Catro Ventos
Como liberar o potencial do voso neno: Kit completo de actividades Montessori 0-2 anos

O Papagaio
Campaña "Olla O Papagaio": Descarga de exemplares do xornal

Kalandraka
Contos contados en Kalandraka TV

Kalandraka
Dende o seu grupo A Xanela do Maxín ofrece o video completo da obra: A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza.

Urco
Están a preparar unha serie de ebooks con relatos selectos dos seus títulos máis míticos. Xa tedes algún dispoñible en formato .epub

Aira editorial
Podedes descargar o novo cómic, "Carriandola"




E se ti coñeces algún outro enlace,
que nos axude a achegar
 máis literatura para os nosos peques,
non dubides en dicírnolo a través de:

bibliocarril@gmail.com





    

martes, 31 de marzo de 2020

Agasallos que namoran!!


Non vos podedes imaxinar o felices que estamos hoxe!!


Esta mañá, quixéronnos sorprender 
cun fermosísimo agasallo!

A contada dun conto, que xa de por si é marabilloso 
pero...se lle sumamos a voz dunha persoa 
moi especial do noso cole...

Pois  namoramosnos aínda máis do conto!




Merchi, xunto coa súa filla 
( a artista que lle puxo música), quixo compartir con todos nós 
o conto de 

"A voda do Galo Pinto"

escrito por Juan A. Belmontes
e ilustrado por Natalie Pudalov



Grazas Merchi por agasallos tan cheos de vida!

E ti, anímaste a facer algo parecido coa túa familia?

Grava un audio ou un vídeo coa axuda dun móbil.

Poder saír ti solo ou acompañado dos teus seres queridos.

E envíanolo ao seguinte enderezo:

bibliocarril@gmail.com

Indicando o teu nome, curso e 
o título do libro que escolliches.


Participa!!





viernes, 27 de marzo de 2020

Día Mundial do Teatro - 27 de Marzo



Dende o ano 1962, 
o Instituto Internacional do Teatro (III)
estableceu estada data como o 
Día Mundial do Teatro,
día no que se lembra a apertura do 
Teatro das Nacións en París.

O obxectivo desta data non é outra que promover o teatro arredor do mundo,
crear conciencia sobre o seu gran valor
e poñer en valor a forma de arte teatral.


Con este motivo, queremos lembrar a 
achega que nos fixo un pequeno grupo de 
alumnos e alumnas de 5º primaria 
a Ameixa Radio.

Velaquí vola deixamos de novo!
Escoitádea!





na súa páxina web múltiples recursos moi ben escollidos.

Se premedes nas imaxes, 
teredes acceso a distintas obras de teatro.








E ti, anímaste a facer un "RadioTeatro",
 ou un "Teatro de títeres"
ou quizáis..."Un teatro de sombras"??


Anímate con calquera destas propostas, grávala en vídeo ou audio coa axuda da túa familia e envíanola a 

bibliocarril@gmail.com

para que a poidamos compartir no noso blog!