viernes, 21 de junio de 2024

Recmendacións lectoras para o verán

Chegaron as vacacións de verán e con elas máis tempo libre para ler! Recordade...os libros son os mellores compañeiros de viaxe! Pancho e Flora decidiron deixarvos tamén algúns xogos para seguir compartindo tempo en familia estemos onde estemos. Bo verán a todos e todas!

jueves, 23 de mayo de 2024

Estrenamos bancos de lectura!

Boas de novo>! Como veríades en publicacións anteriores, agora tempos novos recunchos de lectura no patio, varios bancos de cores que estrenamos no Día do Libro e foron todo un éxito entre o alumnado! Aquí vos deixamos algunhas imaxes.

martes, 23 de abril de 2024

Vídeo Bookface

Compartimos con vós o resultado do Bookface, a actividade proposta para conmemorar o Día do Libro. Moitas gracias pola vosa colaboración. Agardamos que vos guste!

jueves, 18 de abril de 2024

Bookface

Animádevos a participar na actividade do Día do Libro! Facede chegar as vosas fotos aos titores/as antes do 21 de abril!

viernes, 12 de abril de 2024

Actividade do Día do LIbro

BOas de novo! Dentro das actividades programadas na Semana do Libro convidámosvos a participar na realización dun bookface con libros con adaptación cinematográfica. Dita actividade consiste en seleccionar un libro e integrarnos na súa portada para logo realizar unha fotografía. No expositor da nosa biblioteca temos varios títulos seleccionados. Facédelle chegar as vosas fotos ás persoas titoras do alumnado antes do día 21 de abril. Aquí vos deixamos algún exemplo!

lunes, 26 de febrero de 2024

ACTIVIDADES DO MES DE FEBREIRO

Este mes de febreiro estivo cheo de actividades no noso centro polo que decidimos realizar un Padlet para non esquecernos de nada. Aquí vos deixamos un petisco do Entroido, do Día da Muller e a Nena na Ciencia, do Día de Rosalía e das primeira charlas que Rebeca Solla, actriz galega, veu dar ao noso centro.