viernes, 23 de octubre de 2020

Día das Bibliotecas 2020

O pasado 24 de outubro celebrouse o Día das Bibliotecas,

un día moi especial no que render homenaxe a eses espazos

onde tan fantásticas aventuras podemos vivir.


Neste ano tan atípico, dende a Biblioteca de Pancho e Flora,

quixemos render unha especial homenaxe ás Bibliotecas.

Pero non a unhas biblios calqueras,

se non as bibliotecas que nos acompañan e acompañarán toda a vida...

"As nosas bibliotecas personais",

as que se van construindo pouco a pouco nas casas,

grazas aos papás e mamás, aos avós e avoas,

e incluso grazas aos amiguiños e amiguiñas.

Esas bibliotecas tan ben construidas e 

que encerran tantas e tantas aventuras,

historias, viaxes, lembranzas...


Velaquí vos deixamos unha pequena recompilación 

das aportacións feitas polo alumnado

na honra destas bibliotecas tan especiais.


Feliz Día das Bibliotecas!

 

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario