martes, 21 de junio de 2016

Guía de lecturas para o verán









"Bichos con gaseosa"

Aínda que xa é fin de curso neste cole non paramos de traballar. Esta vez os nosos compañeiros e compañeiras de 5º achégannos uns debuxos que elaboraron eles mesmos ao traballar a obra de Gloria Sánchez "Bichos con gaseosa". Fixádevos que bos ilustradores temos!

domingo, 12 de junio de 2016

Sete bruxas, sete casas e un ovo

Os nenos e nenas de 3ºA e 3ºB traballaron na clase o libro "Sete bruxas, sete casas e un ovo". O resultado podédelo ver no corredor de terceiro que xa está decorado cun fermoso mural. Non volo perdades!






martes, 24 de mayo de 2016

Hansel e Gretel


 Os nenos e nenas de 5ºA compartiron un conto moi especial cos máis peques do cole: Hansel e Gretel. Os compañeiros/as de 3 anos estiveron ben atentos durante todo o conto. E vós... xa sabedes o que lles sucedeu a Hansel e Gretel? Sempre podedes preguntarllo aos amigos e amigas de 5º.








miércoles, 18 de mayo de 2016

Visita de 1º A e 1º B á biblioteca de Carril

O día 4 de maio, os nenos e nenas de 1º A e 1º B visitaron a biblioteca de Carril. Foi unha xornada moi entretida na que escoitaron e vivenciaron un conto e ata tiveron de agasallo un globo. Aquí vos deixamos o video para que vexades canto se divertiron nesta actividade de fomento da lectura.





martes, 10 de mayo de 2016

As normas de Pancho e Flora

                         
                             AS NORMAS DE PANCHO E FLORA
                                          
                                                             ·       Falamos baixiño, con "voz 
                                                      de biblioteca"
     ·       Andamos amodiño.
     ·       Entramos sen comida e sen bebida.
     ·       Coidamos todo o que hai.
     ·       Deixamos todo ordenado antes 
          de marchar.
     ·       Podemos levar un libro para casa 
          durante 15 días.
        ·        Se perdemos ou estragamos un libro 
                  debemos repoñelo.


A biblioteca é de todos/as... Disfrutémola!!
Esperámosvos cos libros abertos!!






Lembra que na Biblioteca de Pancho e Flora podes…




Tamén temos historias de amor

Os compañeiros e compañeiras de 5º B agasallaron aos máis peques do cole (3 anos) co conto "Romeo y Julieta" que prepararon con moito agarimo. Ademais prepararon un final ben distinto ao que coñecemos.
Esta foi, sen dúbida, unha moi boa adaptación da obra orixinal!
Moitas grazas aos participantes por compartires connosco esta experiencia.