O alumnado de cuarto de EP estivo a viaxar pola nosa vila e recollou moita información que plasmou nuns estupendos traballos.
Bo traballo, rapaces!
O alumnado de cuarto de EP estivo a viaxar pola nosa vila e recollou moita información que plasmou nuns estupendos traballos.
Bo traballo, rapaces!
Os peques de 5º de Educación Infantil xunto coa súa mestra, María, desenvolveron este trimestre un fantástico proxecto arredor do PDI: Viaxando pola contorna. Velaquí tedes todo o que aprenderon. Bo traballo, rapaces.
Co gallo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, contamos na nosa biblioteca coa fotógrafa de Rañó, Carmen. Faloumos da súa traxectoria profesional nesta empresa familiar, das dificultades coas que se atopou ao longo do tempo e de como as superou.
Moitas grazas pola visita, Carmen.
As mochilas viaxeiras volven percorrer os fogares do noso alumnado con lecturas para peques e grandes.
En 5º de Educación Infantil están desenvolvendo un fantástico proxecto arredor dos habitantes da nosa biblioteca, os nosos ratiños lectores Pancho e Flora. Ademais, os peques teñen a sorte de levalos á sua casa e percorrer Vilagarcía con eles.