lunes, 14 de junio de 2021
domingo, 13 de junio de 2021
Viaxando polo mundo...Rumbo a Irlanda!
Dia duit!
Tal e como dirían os irlandeses..."Ola!"
Desta vez o alumnado de 4ºA quixo impresionarnos con todo o que estiveron a investigar sobre Irlanda:
as súas tradicións,
a súa ubicación no mapa,
curiosidades,
lendas e tradicións...
e incluso algún aspecto político con Irlanda do Norte.
Non vos perdades todo o traballiño que
fixeron ao longo do curso!
Pancho e Flora están moi orgullosos de todos vós!
jueves, 10 de junio de 2021
Viaxando polo mundo...Rumbo a México!
Rumbo a México embarcouse o noso alumnado de 5ºB!
E mirade que de cousas aprenderon durante a súa "estancia" por este país:
A súa distribución xeográfica...Aspectos da súa cultura...Cuestións sociaisGastronomía...
Tanto lles debeu gustar que nos deixaron un pequeno recordo
en formato libro das súas andainas pola zona...
Mirade que chulo lles quedou!
martes, 8 de junio de 2021
Viaxando polo mundo...Rumbo á India!
O alumnado da aula de PT
non quixo perder a oportunidade de coñecer unha nova cultura,
un novo país,
unha nova lingua,
unha nova gastronomía...
e embarcouse na aventura de descubrir a INDIA!
Ollade toda a información que estiveron a recompilar ao longo do curso!
martes, 1 de junio de 2021
Viaxando polo mundo...Rumbo a Italia!
VIAXANDO POLO MUNDO...
RUMBO A ITALIA!
Mirade que murais tan cheos de vida nos achega o alumnado de 2ºB!
Durante este curso, estes pequenos e pequenas estiveron investigando sobre a "Bella Italia":a súa bandeira, a súa deliciosa gastronomía, os seus monumentos máis significativos...
Pero mellor...deixemos que as imaxes falen por si mesmas!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



















































