viernes, 17 de mayo de 2019

LETRAS GALEGAS 2019

Este ano o Día das Letras Galegas adícaselle a
Antonio Fraguas Fraguas. Este escritor, historiador, antropólogo e etnógrafo, escribiu unha chea de libros e artigos nos que defendía a cultura galega.
No cole fíxemos o noso acto de celebración desta data tan importante. Os máis pequenos leron unhas cantigas, os maiores faláronnos da vida deste escritor e a profe Malena co alumnado de 5º puxo a nota musical. 
Botádelle un ollo ás fotos e fixádevos nos divertidos bailes de tranca que crearon os nenos e nenas de 1º. 










                              

jueves, 9 de mayo de 2019

VISITA IAGO LÓPEZ

A semana pasada os peques do cole, Ed. Infantil, 1º e 2º, tiveron a visita de Iago López. Contoulles o seu conto O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas. Atoparíanas? Teremos que preguntarlles.



Resultado de imagen de o cociñeiro martiño e as cenorias desaparecidas

miércoles, 8 de mayo de 2019

XORNADAS DEPORTIVAS

Como este curso Viaxamos co xogo e o deporte, non podiamos rematar sen unhas xornadas deportivas. Grazas ao  profesorado e alumnado do ciclo superior de Actividades Deportivas TAFAD, os nosos peques pasaron un par de mañás ben divertidas. 
O noso agradecemento a estes futuros profesionais que o deron todo. O resultado non nos puido gustar máis! Agardamos que queiran repetir a súa visita en vindeiros cursos.
Botádelle un ollo ás fotos na páxina do cole. Aquí deixámosvos un vídeo do final da xornada para que vexades como disfrutamos.


martes, 7 de mayo de 2019

LECTURA DUNHA CHEA DE CONTOS

A semana pasada, o noso alumnado, escolleu no corredor o conto que máis lle apetecía. Este luns fórono escoitar aos distintos espazos que temos polo cole. Gustaríalles? Agardamos que si!


jueves, 2 de mayo de 2019

UNHA CHEA DE CONTOS

Esta semana no corredor do noso cole apareceu un listado de contos. Os nenos e nenas escollerán  o que máis lles gusta para que llo conten o luns da vindeira semana. Quen? Sorpresa!!



                                                                          

                                                     



miércoles, 24 de abril de 2019

DÍA DO LIBRO

O 23 de abril celébrase o Día do Libro, e no noso cole, como ven sendo habitual, saímos fóra das aulas a ler. Este ano a chuvia non nos deixou desfrutar das lecturas no patio, pero as escaleiras e os corredores servíronnos, pois calquera sitio é bo se temos ganas de ler.



jueves, 11 de abril de 2019

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

Á biblioteca de Pancho e Flora chegaron algunhas novidades. Son uns libros preciosos, con moitas imaxes, que lle van gustar especialmente aos amantes da natureza. Buscádeos no noso expositor.