lunes, 8 de abril de 2019

O DEPORTE E A MULLER

O alumnado de 6º de E.I. lémbranos no mural do seu corredor a moitas das mulleres que destacaron no mundo do deporte. Botádelle un vistazo xa veredes cantas hai!!

jueves, 4 de abril de 2019

VISITA CELTIA FIGUEIRAS

O alumnado de E.I. tivo esta semana a visita da escritora Celtia Figueiras, que é a autora das letras do libro-CD Cantamos? de Luis Vallecillo. Podédelo atopar na biblioteca.










jueves, 28 de marzo de 2019

SEMANA DA PRENSA

Na semana da prensa o noso alumnado fixo distintas actividades. Deixámosvos as fotos dos traballos dos máis pequenos.
Alumnado de 5º de E.I.

Alumnado de 6º de E.I.

jueves, 21 de marzo de 2019

21 DE MARZO

O 21 de marzo é o Día Mundial da Síndrome de Down. Desde o noso cole sumámonos a esta celebración con calcetíns diferentes.
Ademais, xa temos dispoñible na nosa biblio o libro "Pepita es especial" que nos lembra que as persoas con esa condición cromosómica fan unha vida normal, son moi felices e fan felices aos que os rodeamos.







jueves, 14 de marzo de 2019

NOVIDADES NA BIBLIO

Chegaron algunhas novidades á biblioteca que seguro que son do voso interese. 
Hai para todos os gustos. Botádelles un vistazo!








domingo, 24 de febrero de 2019

ROSALÍA DE CASTRO

O 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía. 
No cole estivemos traballando os seus poemas; podedes ver os resultados no blog do EDLG Pereira de lobos.
E se pasades pola biblioteca, atoparedes este libriño escrito por Helena Villar Janeiro e ilustrado por Ánxeles Ferrer, que nos conta, de xeito moi sinxelo, a interesante vida desta escritora.







jueves, 31 de enero de 2019

PAZ

Esta semana celebramos o Día da Paz
Pancho e Flora teñen, na nosa biblioteca, unha chea de contos que nos recordan o importante que é o respeto, a responsabilidade, a solidariedade e a convivencia.
Buscádeos no expositor e nos andeis.