Como neste curso Viaxamos coa música no cole, que mellor forma de facelo que cunha charla que nos veu dar un dos músicos da zona, Xosé Ameneiro.
Falounos e tocounos instrumentos tradicionais de percusión, vento e corda e incluso algúns profes e alumnos/as se atreveron a acompañalo. Pasamos un anaco agradable e xa sabemos un pouquiño máis da nosa música. Grazas!
E por fin... chegou o gran día! Inauguramos un novo espazo para a nosa biblioteca! Agora é de cor azul, ten novo mobiliario e moito máis sitio para perdernos nos centos de aventuras que agochan para nós os libros.
Para celebralo, Merchi, a nosa contacontos preferida, escenificounos marabillosamente ben o conto "A voda do galo Pinto", que ademais de divertido ten unha interesante e importante mensaxe.
Podedes ver o conto e as fotos do acto nos seguintes vídeos.
MOCHILAS LISTAS!! Ao longo do curso irédelas levando para descubrir novos libros que esperamos que vos gusten moito. Non esquezades traelas de volta nos prazos establecidos para que dea tempo a que as disfrute todo o alumnado.