lunes, 16 de octubre de 2017

O ABECEDARIO

Continuando co noso curso musical, esta semana deixámosvos unha entrada coa canción de Magín Blanco para que repasedes o abecedario. Iso si, a ritmo de música.



miércoles, 11 de octubre de 2017

MOCHILAS VIAXEIRAS

Xa estamos preparando as mochilas viaxeiras.
Este curso todas as clases de todos os niveis van ter a sùa, e irémola pasando entre todos os nenos e nenas da aula para que as lecturas, ao igual que o outono, cheguen a todas as casas.


Ven onda nós o outono
dacabalo do aire;
nos camiños da fraga
os ourizos xa abren.
Síntoo chegar contento
da eterna viaxe
enredando entre as follas, estreando friaxe.

Ana María Fernández




miércoles, 4 de octubre de 2017

POEMAR O MAR



O Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil correspondeulle este ano á obra "Poemar o mar", un libro de poemas escrito por Antonio García Teijeiro e ilustrado por Xan López.
Parabéns ao autor, e lembrade que temos exemplares na nosa biblioteca por se o queredes ler.


miércoles, 27 de septiembre de 2017

Novo curso!!

O curso comezou, pero a nosa biblioteca está en obras. Están durando un poco máis do agardado, pero seguro que a espera merece a pena.

E se o curso pasado "Viaxamos coas cores",  preparádevos, porque o proxecto deste ano vai ser...

"Viaxando coa música"

Así que, unha boa maneira de comezar, vai ser escoitando o conto musicado "Loboferoz". Está escrito por Patacrúa e ilustrado por Chené. Desfrutádeo!!!



miércoles, 12 de julio de 2017

MURO

Pincelada a pincelada fomos enchendo de cores este anaquiño de muro do noso patio. 
O esforzo mereceu a pena; quedounos moi, moi bonito. Os que aínda non o vistes botádelle un ollo ás fotos que aquí vos deixamos.



Pasade un bo verán navegando por un mar de veleiros e contos.


lunes, 26 de junio de 2017

LECTURAS PARA O VERÁN


Se no verán non atopades que facer...
algúns destes libros podedes ler!!









CLUB DE LECTURA

O club de lectura rematou este curso co libro "O misterio das badaladas" de Xabier B. Docampo. O alumnado divertiuse descifrando unha das mensaxes do libro e... fíxerono mellor que a profe!
Volveremos o vindeiro curso con máis obras interesantes.