O club de lectura rematou este curso co libro "O misterio das badaladas" de Xabier B. Docampo. O alumnado divertiuse descifrando unha das mensaxes do libro e... fíxerono mellor que a profe!
Volveremos o vindeiro curso con máis obras interesantes.
Estamos rematando o curso e con el rematamos tamén o noso proxecto "Viaxando coas cores". Pero antes de marchar de vacacións queremos deixar pintado parte do muro do noso cole.
Hoxe empezaron xa algúns cursos a pintar os seus barquiños.
Pasou o día das Letras Galegas e, no noso colexio, tamén lle quixemos facer unha homenaxe a Carlos Casares con pequenas representacións das súas obras. No vídeo podedes ver a que fixeron os de 2º do libro "O can Rin e o lobo Crispín". Pasade pola biblioteca se queredes ler algún dos seus libros.
O 23 de abril foi o día do libro e hoxe, para celebralo, todo o cole saiu ao patio a ler. Lemos en grupo, por parellas, individualmente... e aos que aínda non saben ler, léronlle os maiores.