Estamos rematando o curso e con el rematamos tamén o noso proxecto "Viaxando coas cores". Pero antes de marchar de vacacións queremos deixar pintado parte do muro do noso cole.
Hoxe empezaron xa algúns cursos a pintar os seus barquiños.
Pasou o día das Letras Galegas e, no noso colexio, tamén lle quixemos facer unha homenaxe a Carlos Casares con pequenas representacións das súas obras. No vídeo podedes ver a que fixeron os de 2º do libro "O can Rin e o lobo Crispín". Pasade pola biblioteca se queredes ler algún dos seus libros.
O 23 de abril foi o día do libro e hoxe, para celebralo, todo o cole saiu ao patio a ler. Lemos en grupo, por parellas, individualmente... e aos que aínda non saben ler, léronlle os maiores.
Tal e como recollemos no noso proxecto de biblioteca, neste segundo trimestre coñecemos e traballamos distintos pintores e ilustradores nas distintas aulas. Despois interpretámolos ao noso xeito. Deixámosvos algúns dos traballos.