martes, 18 de abril de 2017

PINTORES

Tal e como recollemos no noso proxecto de biblioteca, neste segundo trimestre coñecemos e traballamos distintos  pintores e ilustradores nas distintas aulas. Despois interpretámolos ao noso xeito. Deixámosvos algúns dos traballos.


Pepe Carreiro (5ºA)




Picasso (5ºB)



 Paz Antón (5ºB)


 Xurxo Alonso (4ºA e 4ºB)


Van Gogh (2ºA e 2ºB)

martes, 14 de febrero de 2017

MOCHILAS VIAXEIRAS



Por fin comezamos coas... mochilas viaxeiras!!!
Preparádevos nenas e nenos de 5º de Educación Infantil e 1º, 3º e 5º de Educación Primaria, porque calquer día pode chegarvos á  casa unha delas. Agardamos que os libros sexan do voso agrado. Non esquezades deixarnos a vosa opinión da iniciativa no caderniño que vai dentro.

martes, 20 de diciembre de 2016

LECTURAS NADAL

Marchamos de vacacións! Se aínda non sabedes que agasallos pedir a Papá Noel, ao Apalpador ou aos Reis Magos, aquí vos deixamos unhas suxestións de libros ben interesantes.
FELICES FESTAS E FELICES LECTURAS!!!










lunes, 19 de diciembre de 2016

Máis Paz Antón

Tal e como nos prometera, pasou Paz Antón polo cole e desta vez visitou todas as clases para compartir con nós a súa experiencia no mundo da pintura.
Gustounos moitísimo e sóubonos a pouco. Agradecémoslle enormemente o tempo que nos adicou e deixámosvos un vídeo das sesións nas distintas clases.

domingo, 18 de diciembre de 2016

martes, 22 de noviembre de 2016

Paz Antón

Este ano o proxecto da nosa biblioteca titúlase "Viaxando... coas cores".
Comezaremos estudando a obra dun pintor da zona, Paz Antón.
A semana pasada visitounos e, o alumnado de 5ºB, fíxolle unha entrevista. Despois contarannos o que lles dixo para que todos e todas o coñezamos un pouquiño máis.
En breve, volverá a visitarnos. Agardámolo con ilusión.
Deixámosvos unhas fotos deste artista.



martes, 8 de noviembre de 2016

CLUB DE LECTURA




Ola a todos e todas, este curso damos comezo a unha nova actividade da biblioteca, "Club de Lectura".
Os alumnos e alumnas de 6º, de maneira voluntaria, no tempo de recreo do venres, reunímonos na biblioteca para dar as nosas opinións sobre o libro que estamos a ler.
Pareceunos moi axeitado comezar cun "photocall" e mergullarnos así no libro "Cuentos en verso para niños perversos". Unha visión diferente dos contos clásicos (Carapuchiña, Cincenta, Os tres porquiños...)
Así reflexionamos ou cuestionámonos moitas accións tanto dos contos tradicionais como do que estamos a ler.
Os participantes deste club fixemos un mural e unha búsqueda de información sobre o autor Roald Dahl. 
Así sabemos que foi un novelista e autor de contos británico. Naceu en 1916 e faleceu en 1990. Este 2016 fai 100 anos do seu nacemento e, por iso, é un momento especial.
Algunhas das súas obras máis importantes son: 
- Charlie y la fábrica de chocolate (deste libro hai a peli e é moi boa).
- El superzorro.
- Las brujas.
- El gran gigante bonachón.



E dende aquí, a nosa páxina, un aplauso moi grande para todos os que participades nesta actividade.